martes, 10 de noviembre de 2009

Ascenso do compos a 2ªB

Poñovos un video do ascenso do compos a 2ªB, cousa da que os xogadores do Estrela Vermelha se alegrou bastante, a ver se o club compostelán volve a primeira, aupa Compós

Segunda entrada, imaxes da plantilla do estrela destes anos.

Vou poñer unhas fotos da plantilla do Estrela Vermelha.

Non son todas do mesmo ano.

Esta é a do primeiro ano. No que quedaron por enriba de Club Deportivo Fontiñas,












Este é de máis adiante.













Esta é de uns anos despois. No que xa se empeza a notar o paso dos anos polos xogadores.















Esta de pouco despois e unha das máis recentes.

jueves, 5 de noviembre de 2009

Empezamos o blog do estrela vermelha

Escudo do Clube
Escudo do Clube
É un destes clubes para pasalo ben, mais tamén para darlle pulo ao deporte de base e pórlle unha forza reivindicativa e de defensa da lingua e da terra que non acostumaba ter o fútbol en Compostela. Ademais de todo isto, os membros botan máis tempo xuntos no bar que no campo, e nunca pasaron de 3ª rexional, pero éncheos de orgullo pertencer a un clube que xa debe andar polos 350 socios e socias.

De Independente a Estrela Vermelha
O Estrela Vermelha das Fontiñas ao comezo chamábase o Independente das Fontiñas, porque na altura na que foi creado había un outro clube no barrio, o Club Deportivo Fontiñas: "eles levaban todos os cartos e as subvencións. Eran o clube oficial que contaba co beneplácito da asociación de veciños, resumindo, era o clube "pijo". Nós quixemos facer un clube propio, á marxe deles, así que nos puxemos Independente", contoulle a Vieiros David Rodeiro, xogador do equipo dende o seu comezo. "Cando nos chamabamos Independente, dixéronnos da federación que non podía ser: Non podiamos ser Independente porque había outro en Vigo, e non podiamos ser das Fontiñas porque aí estaban, co mesmo nome, os nosos rivais; así que decidimos chamarnos Estrela Vermelha".

As cousas no primeiro ano de vida do Estrela Vermelha foron daquela maneira, "moi chafulleiras- conta Rodeiro-, Tiñamos que poñer 100 pesetas cada un para pagarlle ao árbitro ao final dos partidos e cada un tamén tiña que pagar a súa propia ficha de xogador. Pero despois de cada partido iamos de cañas polos bares. No primeiro ano quedamos de penúltimos, e de último quedou o outro equipo das Fontiñas, co que nós xa nos demos por contentos: conseguíramos a nosa misión, quedarlles por riba".
Este é o escudo que tivo no seus comezos o Estrela Vermelha



O café, sempre cargado de augardente de caña
Aos comezos aínda ían a xogar de paso que volvían de marcha, sen pasar pola casa. Era o tempo dos termos de café cargados de augardente de caña, un bo revitalizante, "era botarlle un trago e flipar!". A súa mellor clasificación tivérona un ano que ficaron polo medio da táboa, e daquela moitos dos seus xogadores foron fichados por outros equipos de categorías superiores ou da mesma, "e tamén veu xogar con nós xente doutros equipos de categorías superiores, de 2ª rexional, como o Sionlla ou o Chaián, e é que o ambiente era moi bo".

Nalgúns partidos do Estrela Vermelha non é raro ver os xogadores apurando os Ducados no banco, antes de saír ou despois de ter xogado. E tamén é verdade que os hai que case non dan corrido toda a banda, pero é que este equipo nunca foi unha cousa moi seria ("unha vez mesmo falaron de nós no Concello, nunha xuntanza na que alguén dixo, 'Non me vas comparar un equipo como o Colexiata con uns borrachóns como os do Estrela Vermelha'"), pero aí levan máis de dez anos.
Deixovos unha foto do carne definitivo de socio do clube.